miércoles, 29 de abril de 2020

SOLUCIÓNS

RETO 1 => Pensei un número e multipliqueino por 8, sumeille 30 e obtiven 102... Que número pensei?

A solución deste reto era facer as contas á inversa:

102 - 30 = 72 ; 72 : 8 = 9



RETO 2 => Nun cortello hai coellos e palomas. Poden contarse 35 cabezas e 94 patas... Cantos animais hai de que tipo?

Este reto era algo máis complicado. Hai varias maneiras de facelo, a máis obvia e máis sinxela é ir probando pouco a pouco ata chegar á solución. A outra forma é algo máis complexa:

Pensade que as 35 cabezas son coellos, entón habería 35 x 4 = 140 patas. Pero sabemos que non é así, polo tanto se calculamos a diferencia entre a nosa suposición total de patas de coello (140) e o total de patas reais (94), esta diferencia serán as patas das palomas, xa que estou eliminando de toda suposición as patas de coello: 

140 - 94 = 46 patas de paloma

Se unha paloma ten dúas patas, 46 : 2 = 23 palomas

35 - 23 = 12 coellos

No hay comentarios:

Publicar un comentario