jueves, 16 de abril de 2020

NATURAIS

Cando traballamos os ecosistemas puxemos especial atención nas cadeas e nas redes alimentarias. Unha cadea alimentaria é a relación que indica quen serve de alimento a quen dentro dun ecosistema. Unha rede alimentaria é un conxunto de cadeas relacionadas entre si. Os seres vivos aliméntanse doutros coma os elos dunha cadea.

Recordade tamén que dentro das cadeas e das redes alimentarias existen tres tipos de organismos: organismos produtores, que son os que fabrican o seu propio alimento (plantas e algas); organismos consumidores, son os que se alimentan doutros seres vivos (coello, león...); e organismos descompoñedores, que se nutren con restos doutros seres vivos (fungos).

1. Constrúe unha cadea alimentaria de 5 elos como mínimo.

2. Elabora unha rede alimentaria.

3. ¿Que é unha praga? 

4. ¿Que ocorrería se se alterase o equilibrio biolóxico dun ecosistema?

No hay comentarios:

Publicar un comentario