Partes da carta
As cartas,
contan coas seguintes partes:
- Lugar: e data: Nome do sitio e data en que se escribe a carta.
- Saúdo: Di a quen vai dirixida a carta.
- Corpo: O que queremos contar.
- Despedida: Frase para despedirse.
- Sinatura: Nome de quen escribe a carta.
Exemplo de
carta.
Cangas
14 de abril de 2020
Querida
avoa:
Escríboche
esta carta para contarche que chegamos ben a Vigo. Cando o avión
estaba baixando vimos a Ría de Vigo e as Illas Cíes. A paisaxe era
fermosísima.
Vigo é unha
cidade grande, hai moitas cousas que se poden ver e facer. Onte fomos
ao Castro e dende alí a vista da cidade é impresionante.
Esta mañá
fomos ao Parque de Castrelos e despois xantamos no Mercado da Pedra.
Comemos ostras e peixiños da ría.
Mañá imos
ir ás Illas Cíes e faremos unha camiñata ata o faro. Pasaremos o
día alí disfrutando da praia.
Mándoche
moitos bicos.
Diego.
Lugar e data
Saúdo
Corpo
Despedida
Sinatura
Seguindo a
estructura da carta, escríbeme unha ti contándome como levas o
estar na casa sen poder saír, e non poder ir ao colexio. Conta nela
o que fas normalmente , o que máis che gusta, o que menos...Lembra
que a carta ten que ir dirixida a min. O das cores é para que te des
conta das partes, ti escribe en cor negra.Tes que mandarma a este
correo: (cachiso@gmail.com)
No hay comentarios:
Publicar un comentario