jueves, 2 de abril de 2020

SOCIAIS


Cando elaborastes os "displays" sobre os diferentes países, un dos apartados que tivestes que traballar foi o clima. Contesta as seguintes preguntas sobre o clima, podes axudarte do libro de sociais, concretamente no tema 2, ou de internet: 

1. Traballamos tamén o concepto de tempo atmosférico. Sen embargo, o clima e o tempo atmosférico non son o mesmo. En que se diferencian?

2. Que factores afectan ao clima unha zona do planeta?

3. Que diferentes climas podemos atopar dentro de España? Que clima ten Galicia?

4. Cal é a temperatura máxima histórica española e en que lugar se deu? E a mínima histórica española?

5. Cales son as causas do quecemento global? Elabora unha  listaxe de medidas para afrontar o cambio climático.

6. Cres que é labor do ser humano actuar contra o quecemento global? Por que?

No hay comentarios:

Publicar un comentario