Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

CIENCIAS


Sabemos que as plantas e árbores son moi importantes para a vida na Terra, producen osíxeno que necesitamos para vivir e sen eles o planeta sería un deserto.

En canto ás árbores as hai de moitos cores, tamaños e formas, e que dicir dos seus froitos!





- Agora vos toca a vós: deixa un comentario no blog coa túa árbore preferida. Pode ser tropical, de bosque, taiga ou de clima desértico.

martes, 9 de junio de 2020

CIENCIAS


No seguinte vídeo atoparás os 15 animais máis extraños da selva do Amazonas:




-Cal sería o último animal que meterías na túa casa?

-Hai algún que che guste?

Deixa a túa resposta como comentario de blog.

viernes, 5 de junio de 2020

CIENCIAS

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Como sabedes, para poder desfrutar das nosas vidas necesitamos coidar o medio que nos rodea. Hoxe día 5 de xuño é o día mundial do medio ambiente.

A actividade que vos propoño é enviar unha fotografía na que claramente se vos vexa facendo unha contribución cara o coidado do noso medio acompañada dun pequeno eslogan.

Esta é a miña:



O COIDADO DAS PLANTAS É IMPRESCINDIBLE


Agora é o voso turno!! Enviade a vosa foto co eslogan a jacobogarcia@edu.xunta.gal

viernes, 22 de mayo de 2020

CIENCIAS


COMBUSTIBLES FÓSILES

A queima de combustibles fósiles emite químicos tóxicos que teñen un impacto directo no quecemento global e na saúde pública. Como ser humano que vive no planeta Terra, gustaríame que nvestiguemos sobre elo… Xa sabedes que podedes utilizar a rede para buscar a información que precisedes, e se o tema che parece interesante non dubides en afondar máis:

1. Que é o quecemento global?

2. Que efectos ten?

3. Cres que o quecemento global é unha amenaza tanto para o planeta Terra? E para o ser humano?

viernes, 15 de mayo de 2020

CIENCIAS


MISIÓN IMPOSIBLE: A volta ao mundo en 14 preguntas

Hoxe propoñémosche dar a volta ao mundo a través de 14 preguntas. En cada pregunta terás que descubrir unha montaña, animal, país, etc. e esa resposta vaiche dar unha pista para responder á seguinte pregunta, polo tanto, para saber a resposta á pregunta 2 necesitas a resposta á pregunta 1, e así sucesivamente ata chegar a resposta á última pregunta. Dúas recomendacións:

  • CADA VEZ QUE TEÑAS A RESPOSTA A UNHA PREGUNTA BUSCA FOTOS EN INTERNET e disfruta desas paisaxes, animais, bosques, xa que son todos espectaculares!!!!
  • SE NON ATOPAS INFORMACIÓN EN GOOGLE EN GALEGO, BUSCA EN CASTELÁN (E SE TE ATREVES EN INGLÉS!), xa que hai información diferente nos distintos idiomas.

Só tes que enviar un correo co lugar de saída e chegada a: martabernardez@hotmail.com

Aí van as preguntas:


1) En que illas está a colonia máis grande do mundo de gaivotas patiamarelas?




2) Nas antípodas destas illas, atópase outra illa bañada por un mar con nome de demo e cunha lago burbulleante de moitas cores. De que illa falamos?

3) Non moi lonxe e un pouco máis ao norte, atópanse unhas illas que forman un país con nome de galleta. Nese país hai unhas montañas cun nome rico, rico. Seguro que volas comeriades. Como se chaman esas montañas?


4) Agora imos deixar as illas e o mar e imos a penetrar no continente ao que pertencen as montañas e o país do que falamos no punto 3. Neste continente, existen unhas espectaculares montañas que inspiraron os escenarios dunha película con personaxes azuis. De que país falamos?

5) Na fronteira dese país está unha montaña que serve de fronteira con outros países, famosa pola súa altura. Que montaña é?

6) Existe un país que empeza pola mesma letra que esa montaña. Nese país atópase o único lugar da Terra onde non existe vida.
De que país falamos?


7) No mesmo continente que o país do punto anterior, existe un animal moi curioso, que só se atopa alí e que parece unha mestura dunha cebra e outro animal. De que animal estamos a falar?


8) O país onde viven eses animais limita con outro país cunhas cataratas moi famosas, sen dúbida, as máis grandes do continente. Que cataratas son?



9) Agora crucemos o océano Atlántico e……estamos noutro continente. Neste continente existen outras cataratas moi famosas e que foron noticia este ano porque levaban moi pouca auga. Cales son?


10) No mesmo continente que estas cataratas atópase unha selva moi importante para o planeta Terra que é Patrimonio da Humanidade. Cal é?

11) No mesmo continente pero no norte existe outro lugar declarado Patrimonio da Humanidade no que está un parque natural cunhas árbores moi grandes no que se rodou “A guerra das galaxias”.


12) Nese parque existe unha árbore xigante e famosa. Esa árbore ten un nome igual a un dos satélites dun planeta do sistema solar. Que planeta é?

13) O planeta que está xusto antes do planeta que descubristes no apartado anterior (empezando dende o Sol), ten un satélite cun nome con só dúas letras. Que satélite é?

14) Agora, pon unha “ H” diante dese nome. Onde chegamos?

miércoles, 13 de mayo de 2020

CIENCIAS


QUE SON OS COMBUSTIBLES FÓSILES?

Os combustibles fósiles son fontes de enerxía non renovables que cando se queiman utilizan osíxeno (O2) e desprenden dióxido de carbono (CO2).















QUE MÁIS PODEMOS SABER DOS COMBUSTIBLES FÓSILES?

Responde ás seguintes preguntas. Busca a información que precises en internet:

1. Cales son os combustibles fósiles?

2. Por que se chaman así?

3. Por que crees que os utilizamos tanto?

viernes, 8 de mayo de 2020

CIENCIAS


Os datos e as cifras recollidos son espeluznantes. Sería optimista dicir que o dano feito é reversible, especialmente tendo en conta que as nosas vidas seguen un ritmo cada vez máis acelerado e que nos mesmos contribuímos á producción de obxetos dun só uso por ser máis prácticos.

No seguinte video veredes o dano causado polos residuos plásticos no noso planeta.





Agora contesta a estas pregúntas:

- Cres que sería posible quitar todo o plástico dos océanos? Por que?

- Cres que aumentou o uso de plásticos durante o confinamento? Por que?

- Indica cinco medidas que levarás a cabo o próximo ano para reducir o uso de plásticos.

miércoles, 6 de mayo de 2020

CIENCIAS


SOMOS CONSCIENTES DO PLÁSTICO QUE XERAMOS?


Déixovos un enlace onde poderedes calcular o plástico que xerades nun ano. Recordade o resultado:



A continuación vós mesmos ides calcular canto plástico tedes no voso frigorífico. Contade cantos obxetos están envasados en plástico: iogures, envases de leite, plásticos de embutidos, envoltorios…




















Deixade o resultado da calculadora de plásticos e o resultado dos plásticos da vosa neveira como comentario de blog.

miércoles, 29 de abril de 2020

NATURAIS


O PLÁSTICO NAS NOSAS VIDAS

O plástico foi inventado en 1907, e hoxe en día está por todos lados. Está feito de petróleo e de gas natural, ambos recursos non renovables. Hai un sinfín de razóns polas que este material sintético pasou a formar parte do noso día a día, entre as cales está a súa versatilidade, durabilidade, impermeabilidade e a súa capacidade de aguantar grandes pesos. Ademáis o plástico e o sono de todo fabricante: se o comparamos con outras alternativas máis sostibles - como o vidrio ou os bioplásticos – o coste de producción e baixísimo.

Agora contestade ás seguintes preguntas, xa sabedes que podedes usar a rede para buscar información:


- Que cantidade de plástico é producido no mundo durante un ano?

- Desa cantidade, que porcentaxe reciclamos?

- Como chega o plástico aos océanos?

- Que son os microplásticos?

viernes, 24 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS


Ola a tod@s! 

O mércores celebramos o día mundial da Terra. Reflexionamos sobre o impacto do ser humano, a contaminación... Hoxe traballaremos aspectos físicos do noso benquerido planeta. Respondede a estas preguntas, podedes facer búsquedas en internet para atopar a información que non coñezades.

Ánimo!


1. Cal é o punto máis alto da Terra? E o máis baixo da superficie terrestre?

2. Canto mide o diámetro da Terra? E o ecuador terrestre?

3. Que volumen total ten a Terra?

4. Que é a atmosfera terrestre e cal é a súa función?

5. Canto pesa a Terra?

miércoles, 22 de abril de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Bo día a tod@s!

Hoxe rcores 22 de abril celebramos o día mundial da Terra. Déixovos unhas actividades e un documental de moito interese ("Home, historia de un viaje"). Espero que desfrutedes das súas maravillosas imaxes e reflexionedes sobre as accións humanas na natureza.

Este documental pode resultarvos longo e denso, se é ese o voso caso recoméndovos visualizala en varias partes ou ir directamente á parte máis trascendental para nós: desde 1h 52min ata o tempo de 2h 20min. Aínda que a película completa non ten desperdicio.

Como dixo Eduardo Galeano: "Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".







Agora reflexiona sobre o impacto do ser humano:

1. Que é o efecto invernadoiro? Que consecuencias pode ter para o noso planeta e para a nosa especie?

2. Que é a “illa de plástico”? Onde está situada? É a única que existe? Como nos pode afectar?

3. Onde está o Mar de Aral e que lle ocorreu?

4. Lee este artículo (https://www.elpais.com.uy/vida-actual/plastico-cadena-alimenticia-humanos.html ). Agora escribe unha breve reflexión: cres que o impacto medioambiental provocado polo ser humano está fóra de control ou aínda estamos a tempo de revertir está situación?

jueves, 16 de abril de 2020

NATURAIS

Cando traballamos os ecosistemas puxemos especial atención nas cadeas e nas redes alimentarias. Unha cadea alimentaria é a relación que indica quen serve de alimento a quen dentro dun ecosistema. Unha rede alimentaria é un conxunto de cadeas relacionadas entre si. Os seres vivos aliméntanse doutros coma os elos dunha cadea.

Recordade tamén que dentro das cadeas e das redes alimentarias existen tres tipos de organismos: organismos produtores, que son os que fabrican o seu propio alimento (plantas e algas); organismos consumidores, son os que se alimentan doutros seres vivos (coello, león...); e organismos descompoñedores, que se nutren con restos doutros seres vivos (fungos).

1. Constrúe unha cadea alimentaria de 5 elos como mínimo.

2. Elabora unha rede alimentaria.

3. ¿Que é unha praga? 

4. ¿Que ocorrería se se alterase o equilibrio biolóxico dun ecosistema?

miércoles, 15 de abril de 2020

CIENCIAS


Para rematar co estudo sobre o Universo, debuxa un Sistema Solar co Sol, os planetas e non esquecas o cinto de asteroides. Podes debuxar tamén os planetoides e os satélites que consideres máis importantes dalgún planeta, como por exemplo a Lúa. 

Primeiro podes visualizar o seguinte vídeo sobre as distancias e as proporcións no Universo:


jueves, 2 de abril de 2020

SOCIAIS


Cando elaborastes os "displays" sobre os diferentes países, un dos apartados que tivestes que traballar foi o clima. Contesta as seguintes preguntas sobre o clima, podes axudarte do libro de sociais, concretamente no tema 2, ou de internet: 

1. Traballamos tamén o concepto de tempo atmosférico. Sen embargo, o clima e o tempo atmosférico non son o mesmo. En que se diferencian?

2. Que factores afectan ao clima unha zona do planeta?

3. Que diferentes climas podemos atopar dentro de España? Que clima ten Galicia?

4. Cal é a temperatura máxima histórica española e en que lugar se deu? E a mínima histórica española?

5. Cales son as causas do quecemento global? Elabora unha  listaxe de medidas para afrontar o cambio climático.

6. Cres que é labor do ser humano actuar contra o quecemento global? Por que?

miércoles, 1 de abril de 2020

NATURAIS



Neste curso comezamos coas plantas, imos ver canto recordades sobre elas:

1. Apunta cinco nomes das plantas que teñas por casa, se non coñeces algún nome ou se non tes plantas na casa podes usar internet para buscar información. Unha vez que os teñas apuntados, imos clasificalas: recorda que poden ser con flor (anxiospermas ou ximnospermas) ou sen flor (fentos e musgos). Podes utilizar o libro (tema 1) se non te lembras dalgún concepto.


2. Deixovos un enlace dun video sobre algunhas estrañas plantas para que olledes:






Enlace do vídeo: https://youtu.be/pKlU9qyknXE

lunes, 30 de marzo de 2020

SOLUCIÓNS SOCIAIS


1. Comunidade autónoma de Galicia, provincia de Pontevedra.

2. Existen 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas, Ceuta e Melilla. En España hai un total de 50 provincias.

3. Castela e León.

4. As Illas Baleares e as Illas Canarias, e as dúas cidades autónomas, Ceuta e Melilla.

5. Pontevedra, Ourense, Zamora, Valladolid, Segovia, Ávila, Madrid, Toledo, Cidade Real, Xaén, Granada, Almería.

viernes, 27 de marzo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS


Vai a páxina 51 do libro de socias, atoparas un mapa de España. Debuxa o mapa, dalle cor e contesta ás seguintes preguntas:


  1. A que comunidade autónoma pertences? E a que provincia?
  2. Cantas comunidades autónomas hai en España? E cantas provincias?
  3. Cal é a comunidade autónoma con maior número de provincias?
  4. Que comunidades autónomas se atopan fóra da península?
  5. Se quiseses ir a Almería...que provincias terías que atravesar?

lunes, 23 de marzo de 2020

NATURAIS



Feliz día internacional da auga!


Con motivo da celebración deste ben tan preciado déixovos unhas follas informativas e cinco fichas de traballo, cada unha relacionada cun dos océanos do mundo, que deberedes ir facendo ao longo da semana. Prestade moita atención ao que estades lendo para poder entender a información. Se o necesitades, podedes buscar na rede a información que non topedes para completar as fichas.

Moito ánimo e moita forza para comezar ben a semana!













martes, 17 de marzo de 2020



CIENCIAS NATURAIS

Sabedes que estabamos traballando paralelamente con socias os coñecementos sobre a Terra e o Universo. Estabamos a piques de rematalo tema, polo tanto o traballo para hoxe será rematala ficha que levastes o último día á vista de que podía acontecer o que estamos vivindo e que se suspendesen as clases. Para os que non a levastes, contestade estas preguntas:
1. Recordas o nome dos planetas do noso sistema solar?
2. Cal é o planeta máis grande?
3. Que é o equinoccio? E o solsticio?
4. Recordas cales son as fases lunares?
5. Que provoca a forza da Lúa nos océanos?
6. Por que cando a Terra está máis lonxe do Sol e verán no hemisferio norte?
7. Que é un ano/luz?
8. O ano luz é unha medida de espacio ou de tempo? Por que?
9. Que outros astros coñeces no Universo?
10. Crees que pode haber vida noutros lugar do Universo? Por que?