Bos
días rapaces e rapazas:
Chega
o momento de decirvos “ata outra”, xa que estou a piques de
rematar o meu período de prácticas no voso colexio.
Só
puiden estar no colexio convosco e cos vosos profesores un par de
semanas pero levo de cada un de vos algún recordó ou anécdota que
me axudará a ser mellor profesora (e mellor persoa) nun futuro, e
por iso douvos as grazas.
A
seguir traballando e disfrutando, que xa queda pouco para rematar o
ano.
Para
despedirme, déixovos un crucigrama sobre persoas que por algún dato
curioso merece a pena coñecelos. Espero que vos guste.
Coidádevos
moito (recordade as “health tips”) 😜
Bicos
e apertas:
Marta
CRUCIGRAMA
Instruccións:
Neste
crucigrama está escondido un enigma relacionado cas Matemáticas.
Ese enigma consta de 2 palabras que están sinaladas pola cor
vermella.
Tendes
que descobrir o nome ou apelido de 10 matemáticas e matemáticos
coas pistas que vos dou e poñelos nas casillas horizontais verdes
que están sinaladas co mesmo número que a pista.
Cando
teñades cubertas esas 10 casillas aparecerá o enigma nas casillas
verticais vermellas. Eso é o que me tendes que mandar como sempre ao
correo.
Se
queredes podedes buscar en internet a súa relación cas Matemáticas.
Toda
a información necesaria está en internet.
1
- Sabíades que houbo un tempo en que as
mulleres non podían acudir á universidade? Aquí
descubriredes o nome da matemática que foi a
primeira muller profesora de universidade en Europa
2
- Según moitos científicos os primeros
sistemas de números inventáronse en África
fai 20.000 anos! Non che parece increíble? Aquí descubrirás
o apelido
dun matemático africano que resolveu un problema que levaba 156 anos
sen ser resolto.
3
- Que
facedes no voso tempo libre? Pois houbo unha persona que o seu hobby
e a súa paixón eran as matemáticas, a pesar de ser avogado de
profesión, formulou algúns teoremas matemáticos e hai uns números
que levan o seu nome na súa honra.
4
-
Aquí tes que encontrar o apelido dun matemático indio. Os
profesores decían que non había unha nota suficientemente alta en
Matemáticas para él. Perdeu becas porque suspendía algunhas
asignaturas, pero era un apaixonado das matemáticas e seguiu
aprendendo pola súa conta. Ao final consiguiu unha beca para
Cambridge! Na súa honra existe un premio destinado
a matemáticos
de países
en vías
de desenrolo.
5
-
Naceu hai mais de 2000 anos pero a súa influencia sigue vixente hoxe
en día, de feito hai un tipo de espazo que leva o seu nome. Está
considerado como un dos grandes matemáticos da historia.
Escribiu
o libro de Matématicas mais divulgado da historia.
6
-
Matemática
galega. Esta matemática
fixo a súa
carreira no extranxeiro porque aquí
atopouse
con varios obstáculos,
a pesar de ter un doutorado por unha das universidades mais
prestigiosas do mundo. Pero dúas
matemáticas
galegas
coñeceron
a súa
historia e decidieron rescátala do olvido. Agora hai un premio que
concede a Xunta de Galicia que ten o sea apelido.
7
-
Sabías
que moitas das palabras que empezan por “al” son
de
orixe
árabe? Dentro das matemáticas existen varias “ramas de estudo”,
entre elas a álxebra.
A álxebra
debe o seu nome a este matemático árabe.
8
-
Este
matemático naceu ainda antes que o matemático do punto 5, fai 2600
anos.
Xa
daquela
formulou
un famoso teorema sobre un tipo de polígono que estudamos fai pouco,
o triángulo.
9
- Apelido dunha
matemática que non descubriu a súa paixón polas matemáticas ata
que chegou á Secundaria. A pesar de eso foi a primeira Muller en ser
premiada cunha medalla
que é considerada como o premio Nobel das Matemáticas (xa que non
hai Nobel para matemáticos)
10
- Apelido dun
matemático con varios premios en matemáticas entre eles a Olimpiada
Internacional de Matemáticas e tamén a mesma medalla que a
matemática do punto anterior. No país donde naceu fálase
portugués, pero non é Portugal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario