Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2020

MATEMÁTICAS

NIM

Nim é un xogo de estratexia que está moi relacionado coas matemáticas. Hai bastantes variantes: por montóns, filas, número de fichas... Eu propóñovos a mesma versión que eu aprendín na escola, a miserere, que é unha das máis básicas. 

Necesitades 16 ou 24 palillos, cerillas, moedas... eu sempre xoguei con 24 palillos en fila, pero podedes facer as variantes que queirades.


COMO XOGAR?

Coloca todos os palillos en fila. Cada xogador debe retirar 1, 2 ou un máximo de 3 palillos por turno. Perde o xogador que retire o último palillo.


Podedes buscar en internet outras versións máis complexas, é facil de xogar e moi divertido. SORTE!!

lunes, 1 de junio de 2020

CARTA DE MARTA PARA 5º


Bos días rapaces e rapazas:


Chega o momento de decirvos “ata outra”, xa que estou a piques de rematar o meu período de prácticas no voso colexio.

Só puiden estar no colexio convosco e cos vosos profesores un par de semanas pero levo de cada un de vos algún recordó ou anécdota que me axudará a ser mellor profesora (e mellor persoa) nun futuro, e por iso douvos as grazas.

A seguir traballando e disfrutando, que xa queda pouco para rematar o ano.

Para despedirme, déixovos un crucigrama sobre persoas que por algún dato curioso merece a pena coñecelos. Espero que vos guste.

Coidádevos moito (recordade as “health tips”) 😜

Bicos e apertas:
Marta




CRUCIGRAMA


Instruccións:

Neste crucigrama está escondido un enigma relacionado cas Matemáticas. Ese enigma consta de 2 palabras que están sinaladas pola cor vermella.

Tendes que descobrir o nome ou apelido de 10 matemáticas e matemáticos coas pistas que vos dou e poñelos nas casillas horizontais verdes que están sinaladas co mesmo número que a pista.

Cando teñades cubertas esas 10 casillas aparecerá o enigma nas casillas verticais vermellas. Eso é o que me tendes que mandar como sempre ao correo.

Se queredes podedes buscar en internet a súa relación cas Matemáticas.

Toda a información necesaria está en internet.


1 - Sabíades que houbo un tempo en que as mulleres non podían acudir á universidade? Aquí descubriredes o nome da matemática que foi a primeira muller profesora de universidade en Europa


2 - Según moitos científicos os primeros sistemas de números inventáronse en África fai 20.000 anos! Non che parece increíble? Aquí descubrirás o apelido dun matemático africano que resolveu un problema que levaba 156 anos sen ser resolto.

3 - Que facedes no voso tempo libre? Pois houbo unha persona que o seu hobby e a súa paixón eran as matemáticas, a pesar de ser avogado de profesión, formulou algúns teoremas matemáticos e hai uns números que levan o seu nome na súa honra.

4 - Aquí tes que encontrar o apelido dun matemático indio. Os profesores decían que non había unha nota suficientemente alta en Matemáticas para él. Perdeu becas porque suspendía algunhas asignaturas, pero era un apaixonado das matemáticas e seguiu aprendendo pola súa conta. Ao final consiguiu unha beca para Cambridge! Na súa honra existe un premio destinado a matemáticos de países en vías de desenrolo.

5 - Naceu hai mais de 2000 anos pero a súa influencia sigue vixente hoxe en día, de feito hai un tipo de espazo que leva o seu nome. Está considerado como un dos grandes matemáticos da historia. Escribiu o libro de Matématicas mais divulgado da historia.

6 - Matemática galega. Esta matemática fixo a súa carreira no extranxeiro porque aquí atopouse con varios obstáculos, a pesar de ter un doutorado por unha das universidades mais prestigiosas do mundo. Pero dúas matemáticas galegas coñeceron a súa historia e decidieron rescátala do olvido. Agora hai un premio que concede a Xunta de Galicia que ten o sea apelido.

7 - Sabías que moitas das palabras que empezan por “al” son de orixe árabe? Dentro das matemáticas existen varias “ramas de estudo”, entre elas a álxebra. A álxebra debe o seu nome a este matemático árabe.

8 - Este matemático naceu ainda antes que o matemático do punto 5, fai 2600 anos. Xa daquela formulou un famoso teorema sobre un tipo de polígono que estudamos fai pouco, o triángulo.
9 - Apelido dunha matemática que non descubriu a súa paixón polas matemáticas ata que chegou á Secundaria. A pesar de eso foi a primeira Muller en ser premiada cunha medalla que é considerada como o premio Nobel das Matemáticas (xa que non hai Nobel para matemáticos)
10 - Apelido dun matemático con varios premios en matemáticas entre eles a Olimpiada Internacional de Matemáticas e tamén a mesma medalla que a matemática do punto anterior. No país donde naceu fálase portugués, pero non é Portugal.

jueves, 28 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS


Recordas o que é a área?

A área é a superficie que ocupa unha figura. Exprésase en mm2, cm2, dm2, m2, dam2, etc.

A área do cadrado calcúlase multiplicando un lado por outro. Como o cadrado ten todos os seus lados iguais, a súa fórmula é:


Área = lado X lado, se o lado de este cadrado mide 1 dm a súa área é:

Área = 1 dm x 1 dm = 1 dm2









A área do rectángulo tamén se calcula multiplicando un lado por outro. A parte horizontal do rectángulo chámase base e a parte vertical chámase altura, polo tanto.




Se a base deste rectángulo é 12,5 cm é a altura é 5 cm, a súa área é:

Área = base X altura = 
12,5 cm x 5 cm = 62,5 cm2





EXERCICIO: 

1. Calcula a área das seguintes figuras:



Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com 

SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS


1) Calcula o perímetro das seguintes figuras


  1. 12cm
  2. 18 cm
  3. 14 cm
  4. 180 mm


2) O campo de fútbol de Balaídos mide 105 m de longo e 70 m de ancho.
A) Cal é o seu perímetro?
B) Cal é a súa área?

A) 105m+105m+70m+70m= 350 m
B) 105 x 70 = 7350 m2. - Acordádevos que a área se expresa sempre en metros por metros, e dicir, metro ao cadadro (ou centímetro, milímetro, etc. ao cadadro) ( m2, cm2,….)


3) Cacula o perímetro 3 área do libro mates, teléfono e cama.


Libro mates: Fixestes varias medidas do voso libro. Casi todas se aproximaban a 29 cm de longo e 22,5 de ancho. Se tomo estas medidas como correctas (xa que eu non teño o voso libro):

Perímetro: 103 cm
Área: 652,5 cm2

Teléfono: Se tomo como longo 14 cm e 7 de ancho (as cosas medidas poden ser un pouco diferentes)

Perímetro: 38 cm
Área: 98 cm2

Cama: A maoría ten as seguintes medidas: 1,90 metros (190 cm) de longo e 0,9 metro (90 cm) de ancho, polo tanto:

Perímetro: 5,6 m
Área: 1,71 m2

En centímetros:
Perímetro: 560 cm
Área: 17100 cm2

lunes, 25 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS

Bo día a tod@s!

Hoxe traballaremos dous aspectos: perímetro e área. 


Cara o final do vídeo do pasado mércores explícase que é o perímetro e a área, visualízao e realiza as actividades que están a continuación:






1. Calcula o perímetro das seguintes figuras:




2. O campo de fútbol de Balaídos mide 105 m de longo e 70 m de ancho:



a) Cal é o seu perímetro?

b) Cal é a súa área?



3. Cacula o perímetro e a área dos seguintes obxectos:

a) O teu libro de matemáticas.

b) Un teléfono móbil.

c) A túa cama



Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com 

SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS

1. 


2. 


3. 



4. ALGUNHAS DAS FOTOS QUE ENVIASTES:

miércoles, 20 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS

Bos días! 

Marta proponnos unha serie de actividades con polígonos. Recordades o que é un polígono?

Un polígono é unha figura xeométrica plana composta por lados e vértices. Os seus lados son segmentos e polo tanto nunca poden ser curvos. Atentos ao vídeo que nos trae Marta:




1. Sinala que figuras son polígonos:





2. Une a figura co nome que lle corresponde:




3. Debuxa un triángulo, un octógono e un hexágono.



4. Fotografía na túa casa 3 obxetos que teñan forma de algún polígono. Intenta que sexan polígonos distintos (que non sexan por exemplo todos rectángulos).


Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com

SOLUCIÓN MATEMÁTICAS

1. Calcula o cociente exacto das seguintes divisións:

a) 39.771'5 : 85 =

39.771'5  |85     
   577        467'9
     671
       765
         00


b) 81.333 : 84 =

81.333'00  |84         
   573         968'25
     693

       210
          420
            00


2. Calcula mentalmente:

a) 24'727 x 100 = 2.472'7

b) 24'727 x 1.000 = 24.727

c) 24'727 x 10.000 = 247.270

d) 24'727 : 10 = 2'4727

e) 24'727 : 100 = 0'24727

f) 24'727 : 1.000 = 0'024727

lunes, 18 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS

1. Calcula o cociente exacto das seguintes divisións:

a) 39.771'5 : 85 =

b) 81.333 : 84 =


2. Calcula mentalmente:

a) 24'727 x 100 =

b) 24'727 x 1.000 =

c) 24'727 x 10.000 =

d) 24'727 : 10 =

e) 24'727 : 100 =

f) 24'727 : 1.000 =