NIM
Nim é un xogo de estratexia que está moi relacionado coas matemáticas. Hai bastantes variantes: por montóns, filas, número de fichas... Eu propóñovos a mesma versión que eu aprendín na escola, a miserere, que é unha das máis básicas.
Necesitades 16 ou 24 palillos, cerillas, moedas... eu sempre xoguei con 24 palillos en fila, pero podedes facer as variantes que queirades.
COMO XOGAR?
Coloca todos os palillos en fila. Cada xogador debe retirar 1, 2 ou un máximo de 3 palillos por turno. Perde o xogador que retire o último palillo.
Podedes buscar en internet outras versións máis complexas, é facil de xogar e moi divertido. SORTE!!
ola son Joel Piñeiro e eu non meteria ningun animal na miña casa e non me gusta ninguno.
ResponderEliminar