miércoles, 22 de abril de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Bo día a tod@s!

Hoxe rcores 22 de abril celebramos o día mundial da Terra. Déixovos unhas actividades e un documental de moito interese ("Home, historia de un viaje"). Espero que desfrutedes das súas maravillosas imaxes e reflexionedes sobre as accións humanas na natureza.

Este documental pode resultarvos longo e denso, se é ese o voso caso recoméndovos visualizala en varias partes ou ir directamente á parte máis trascendental para nós: desde 1h 52min ata o tempo de 2h 20min. Aínda que a película completa non ten desperdicio.

Como dixo Eduardo Galeano: "Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".







Agora reflexiona sobre o impacto do ser humano:

1. Que é o efecto invernadoiro? Que consecuencias pode ter para o noso planeta e para a nosa especie?

2. Que é a “illa de plástico”? Onde está situada? É a única que existe? Como nos pode afectar?

3. Onde está o Mar de Aral e que lle ocorreu?

4. Lee este artículo (https://www.elpais.com.uy/vida-actual/plastico-cadena-alimenticia-humanos.html ). Agora escribe unha breve reflexión: cres que o impacto medioambiental provocado polo ser humano está fóra de control ou aínda estamos a tempo de revertir está situación?

No hay comentarios:

Publicar un comentario