jueves, 23 de abril de 2020

GALEGO


A RECEITA

Nestes días de confinamento non é raro que fagamos as nosas filigranas na cociña e probamos a cociñar este ou aquel prato. Importante a receita claro.

Hoxe propóñovos que elaboredes unha receita dese prato, dese doce...que vos gusta moito, ou que é posible que fixerades estes días.

Para elaborar a receita hai que seguir uns pasos:

1. Nome da receita

2. Ingredientes (cantidade)

3. Elaboración (paso a paso a paso)

Un exemplo:

Tortilla de patacas ao estilo de Betanzos

INGREDIENTES

  • 10 ovos
  • 1 kg de patacas da zona de Betanzos
  • Aceite de oliva
  • Sal
Elaboración
O característico desta tortilla, para algúns chamada «ao xeito galaico», é que resulta moi zumarenta, para o que se debe facer a tortilla do seguinte xeito: primeiro, mondar as patacas e cortalas en láminas moi finas, salgalas lixeiramente e fritilas en abundante aceite. Mentres, bátense os ovos ata conseguir que queden esponxosos e dáselles o punto de sal. Cando xa estean ben douradas as patacas, escórrense ben. A seguir, engádenselles aos ovos batidos. Déixase repousar a mestura durante un tempo e comézase a facer a tortilla na tixola axeitada, simplemente untada cun pouco aceite. Logo de medio minuto, dámoslle a volta e deixamos que calle polo outro lado. A continuación, retirámola do lume e xa podemos servila e gorentala.

Agora tócache a ti. Elixe receita e escríbea.. Se queres podes mandar foto do prato.


Eviar a cachiso@gmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario