lunes, 18 de mayo de 2020

XINCANA


INSTRUCCIÓNS da XINCANA


Tendes dende o Luns 18 ata o Venres 29 de Maio para completar os 6 retos que se explican nestas instruccións. Hai que enviar cada reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles confirmarán que podes tachalo da lista e seguir co seguinte! Lembrade decir quen sodes, e en que curso estades!
Cando remates todas as tarefas envíame un correo a palomakaifer@hotmail.com , para conseguir o teu premio!!
Adiante, aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!


  1. Constrúe un instrumento orixinal ou similar a un existente, sacade dúas ou tres fotos do proceso ou un pequeno vídeo e mandádello a marivilas59@gmail.com
  2. O voso reto para superar esta parte daXimcana será gravarvos recitando un trabalinguas. Ides ver o seguinte vídeo e poderedes elexir un dos
    trabalinguas que aparecen. Con un chega pero se
    alguén quere gravarse dicindo algún máis, adiante!
    https://www.youtube.com/watch?v=W1mwreTOJq0
    https://www.youtube.com/watch?v=4chhOpCWMuY
    A gravación deste vídeo voso dicindo o “tongue
    twister” a enviaredes ao meu email para que eu podacorroborar que fúchedes capaces ;) nerea.otero@edu.xunta.es Cheers!
  3. Que sabes facer? Pensa en algo que sexas experto ou experta, calquera cousa que queiras compartir, ensinar ou no que podas axudar aos demáis. Pode estar relacionado cun deporte, unha materia escolar, un idioma, unha receita de cociña...E elabora o teu anuncio. https://drive.google.com/open?id=1MJsMVGgo8Cw2L__lJRIUhgbXj3mHh4Og . Enviádello a marietapon@gmail.com
  4. Que non Caia!” Se queredes conseguir tamén a coroa nesta materia o reto que debedes pasar é o seguinte: “Que non Caia!” Debedes coller unha pelota lixeira ou inflar un globo e conseguir dar ata 10 toques seguidos con 5 partes diferentes do corpo como mínimo, é dicir, podedes repetir cada parte unha soa vez e sempre e cando non sexan seguidas! Explícome, para dar os 10 toques podo dar 2 coa man, 2 co pe, 2 coa cabeza… pero non poden ser un despois de outro, terían que ser: 1 coa man,1 co pé, outro coa man, outro coa cabeza, outro co pé… comprendido?! Pois ao choio que estou agardando!! Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
  5. Para poder recoller a vosa coroa de Valores Sociais e Cívicos teredes que preparar unha entrevista a vos mesmos na que vos preguntedes e contestedes cousas relacionadas co confinamento: Qué sentístedes cando dixeron que non habería cole ata novo aviso, cal foi o voso pensamento sobre o que ía acontecer, como se vive o confinamento na vosa casa, que cambios sucederon no voso día a día, como pensades que será a volta ao cole, os paseos e as saídas a partir de agora… teredes que elaborar 7 preguntas que vaian nesa liña e preparar outras 3 co que queirades saber e que ides realizar a persoas de interese nesta crise: Un profesional da sanidade, un responsable de educación e un político a nivel nacional.Para presentar a entrevista o máis recomendable é que o fagades en formato audiovisual, podedes disfrazarvos de periodista e de vos mesmos e grabar as preguntas e as respostas. Tedes tempo para montar o vídeo, pesar como facelo para non ter que
    Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
  6. Escollede 2 ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas. Enviade todo a   oteromiguelez.lucia@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario