martes, 12 de mayo de 2020

GALEGO


Ola rapac@s!, Imaxino que moitos de vós xa sabiades que o día 17 de maio, ou sexa o vindeiro domingo, é o Día das Letras Galegas, pero este ano polas circunstancias que nos tocou vivir, non vai ser posible celebrar esta festa tan nosa por todo o alto, xa que queda aprazada ata o 31 de outubro.
Nós, dalgunha maneira, faremos referencia a este día tan especial. Primeiro faremos algunhas pescudas e despois iremos á parte máis práctica.
Tedes que averiguar:


1. Que se festexa exactamente ese día.




2. En que ano se empezou a celebrar O Día das Letras Galegas?



3. Sempre se homenaxea a un autor/a. A quen lle toca este ano?



4. Cal foi o primeiro/a homenaxeado/a?



5. Que tipo de celebración che gustaría que fixeran no teu Concello? Ten
en conta que non pode haber concentración de xente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario