Hoxe Marta propónvos unha actividade sobre o tempo. Ela mesma vos correxirá, así que tedes que enviar as solucións ao seu correo: martabernardez@hotmail.com
MEDIR
O TEMPO: HORAS, MINUTOS E SEGUNDOS
Na
páxina 112 do libro atoparedes como pasar de horas a minutos e a
segundos e viceversa.
É
moi parecido aos km, m, etc, pero hai que multiplicar ou dividir por
60, en vez de por 10.
Aquí
tendes un resumo
- Expresa na unidade indicada
A)
2 h = ____________min B) 3 min = _____________s
C)
2 h = _______________s D)180 min = ___________ h
E)
180 min = _____________s F) 7200 s = ___________h
G)
2 h 3 min = __________ min
H) 5
min 12 s = ____________s
I)
2 días = _____________ h J) 1 día = ___________ min.
2)
María, que vive en Cangas, quedou coa súa amiga na entrada ao
museo Marco, en Vigo, ás 12:40. Vai ir en barco. Sabe que o barco
sae de Cangas cada hora, ás horas en punto. É dicir, ás 10:00,
11:00, 12:00, etc. O barco tarda en
chegar a Vigo 25 minutos.
Tarda
en chegar da súa casa ó barco 300 segundos.
Tarda
andando, dende que baixa do barco ata o museo, 30 minutos.
A)
Canto tempo lle leva todo o camiño, dende que sae da súa casa ata
o museo?
B)
Canto tempo lle leva dende que colle o barco ata o museo?
C)
Cal é o último barco que pode coller para chegar a tempo á cita
coa súa amiga?
No hay comentarios:
Publicar un comentario