OS MAIOS
Dentro
das moitas celebracións que se fan en Galicia está a dos Maios.
No Morrazo non hai moita tradición de celebrar esta festa, pero en
Marín, Pontevedra e aínda máis en Ourense son moi populares.
Os Maios teñen 2 partes ben
diferenciadas:
-
Por un lado, está a figura
que se fai con aramio, madeira e vexetais ( flores, fiuncho, musgo..)
-
Por outra banda, as coplas
que se compoñen para despois ser cantadas acompañadas por unha
percusión
que
se fai con dous
paos.
Mándovos
unhas fotos dun maio que se fixo este ano en Marín para que vos
fagades unha idea de como é. Ter en conta que as persoas que levan o
maio van por toda a parroquia, lugar, cidade portando a figura e
cantando. Este ano por todo o que está pasando non poideron facelo
así, pero non renunciaron á celebración.
Dito
todo isto, propóñovos escribir
unha estrofa
para ser cantada. A estrofa ten que ter catro
versos de oito sílabas e teñen que rimar os pares.
o tema das estrofas deste Maio de 5º deberían
referirse á situación
que
estamos pasando: estar na casa confinados, non poder ver á familia
nin aos
amig@s, non poder ir á escola...
Xa fixemos composicións deste tipo na clase, por exemplo no
Entroido. Se sodes capaces de facer máis dunha estrofa mellor. A
miña idea é facer unha recopilación e cantar un Maio entre todos.
Un exemplo podería ser:
Non
poden saír os maios Non-
po-den-sa-ír-os-ma-ios 8-
por
un virus traicioneiro, por-un-vi-rus-trai-cio-nei-ro
8a
pero
no teletraballo, pe-ro-no-te-le-tra-ba-llo
8-
si
que o celebraremos. si-que-o
ce-le-bra-re-mos 8a
Agora
seguiriades vós coas vosas estrofas.
Veña animádevos que nos pode quedar un traballo bonito.
Mandádema
as estrofas ao meu e-mail: cachiso@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario