viernes, 29 de mayo de 2020

LENGUA, GALEGO

Bo día a tod@s!

Hoxe é un día especial por moitos motivos: deberíamos desfrutar da semana cultural no cole, remata maio e imos chegando ao fin deste estraño curso... Pero tamén é moi especial porque estamos de despedida: despois de tres meses intensísimos Marta remata as súas prácticas de profesora!

Desde aquí queremos agradecerlle todo o seu traballo e a súa colaboración como unha mestra máis do noso cole, GRAZAS MARTA!! E desexámoslle moita sorte no seu futuro, estamos seguros de que dará o mellor de sí e será unha profe estupenda.

Por todo elo, a actividade de lengua española e de lingua galega para hoxe será deixar unha pequena mensaxe de despedida para Marta como comentario no blog, podes facelo en galego ou en castelán.

GRAZAS MARTA E MOITA SORTE!!!


jueves, 28 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS


Recordas o que é a área?

A área é a superficie que ocupa unha figura. Exprésase en mm2, cm2, dm2, m2, dam2, etc.

A área do cadrado calcúlase multiplicando un lado por outro. Como o cadrado ten todos os seus lados iguais, a súa fórmula é:


Área = lado X lado, se o lado de este cadrado mide 1 dm a súa área é:

Área = 1 dm x 1 dm = 1 dm2









A área do rectángulo tamén se calcula multiplicando un lado por outro. A parte horizontal do rectángulo chámase base e a parte vertical chámase altura, polo tanto.




Se a base deste rectángulo é 12,5 cm é a altura é 5 cm, a súa área é:

Área = base X altura = 
12,5 cm x 5 cm = 62,5 cm2





EXERCICIO: 

1. Calcula a área das seguintes figuras:



Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com 

SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS


1) Calcula o perímetro das seguintes figuras


  1. 12cm
  2. 18 cm
  3. 14 cm
  4. 180 mm


2) O campo de fútbol de Balaídos mide 105 m de longo e 70 m de ancho.
A) Cal é o seu perímetro?
B) Cal é a súa área?

A) 105m+105m+70m+70m= 350 m
B) 105 x 70 = 7350 m2. - Acordádevos que a área se expresa sempre en metros por metros, e dicir, metro ao cadadro (ou centímetro, milímetro, etc. ao cadadro) ( m2, cm2,….)


3) Cacula o perímetro 3 área do libro mates, teléfono e cama.


Libro mates: Fixestes varias medidas do voso libro. Casi todas se aproximaban a 29 cm de longo e 22,5 de ancho. Se tomo estas medidas como correctas (xa que eu non teño o voso libro):

Perímetro: 103 cm
Área: 652,5 cm2

Teléfono: Se tomo como longo 14 cm e 7 de ancho (as cosas medidas poden ser un pouco diferentes)

Perímetro: 38 cm
Área: 98 cm2

Cama: A maoría ten as seguintes medidas: 1,90 metros (190 cm) de longo e 0,9 metro (90 cm) de ancho, polo tanto:

Perímetro: 5,6 m
Área: 1,71 m2

En centímetros:
Perímetro: 560 cm
Área: 17100 cm2

miércoles, 27 de mayo de 2020

GALEGO


1. Pon en castelán estes animais.

águia...............águila
-lobo................
-cóbrega..........
-raposo............
-lagarto...........
-bufo...............
-píntega..........
-coello............
-ra..................
-leirón............
-corvo............
-tritón............
-ourizo..........
-falcón..........
-xabaril.........
-perdiz..........


2. Clasificaos co nome en galego. Ponlle diante o artigo correspondente.

Mamíferos: o lobo,

Aves:

Réptiles e anfibios:


Enviar a cachiso@gmail.com

martes, 26 de mayo de 2020

ENGLISH

Good morning!

First of all here you have the KEY for the two videos made for the 5º and 6º students:



Como muchos todavía tenéis pendiente los retos de la "Xincana do confinamento", esta semana solo vamos a hacer una actividad de inglés

Se trata del último challenge de Marta, 

CHALLENGE 3

Podéis enviarle la respuesta a: martabernárdez@hotmail.com

Good luck!

lunes, 25 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓNS

Este é o enlace das programacións adaptadas. Temos a obriga de colgalas, pero non é ningunha actividade que teñades que facer.

https://drive.google.com/open?id=12jhpYVBg02I7E2gbkpkKXUEUlOzpeVup

MATEMÁTICAS

Bo día a tod@s!

Hoxe traballaremos dous aspectos: perímetro e área. 


Cara o final do vídeo do pasado mércores explícase que é o perímetro e a área, visualízao e realiza as actividades que están a continuación:






1. Calcula o perímetro das seguintes figuras:




2. O campo de fútbol de Balaídos mide 105 m de longo e 70 m de ancho:



a) Cal é o seu perímetro?

b) Cal é a súa área?



3. Cacula o perímetro e a área dos seguintes obxectos:

a) O teu libro de matemáticas.

b) Un teléfono móbil.

c) A túa cama



Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com 

SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS

1. 


2. 


3. 



4. ALGUNHAS DAS FOTOS QUE ENVIASTES:

viernes, 22 de mayo de 2020

Bos días a tod@s!

Como levades a xincana? Xa que estaría ben que tod@s participásedes, estos días os profes vos estamos propoñendo menos actividades para que teñades máis tempo. Hoxe a tarefa é sobre ciencias. 

Moito ánimo!!

CIENCIAS


COMBUSTIBLES FÓSILES

A queima de combustibles fósiles emite químicos tóxicos que teñen un impacto directo no quecemento global e na saúde pública. Como ser humano que vive no planeta Terra, gustaríame que nvestiguemos sobre elo… Xa sabedes que podedes utilizar a rede para buscar a información que precisedes, e se o tema che parece interesante non dubides en afondar máis:

1. Que é o quecemento global?

2. Que efectos ten?

3. Cres que o quecemento global é unha amenaza tanto para o planeta Terra? E para o ser humano?

jueves, 21 de mayo de 2020

ENGLISH

How are you today??

Do you now?? Los alumnos de 6º también hicieron un vídeo genial! En él nos hablan sobre cómo han tenido que adaptarse a hacer en casa cosas que antes hacían fuera de casa... 
Como ellos ya están dando los pasados, los hemos utilizado en esta actividad pero  vosotros todavía no los habéis estudiado. La idea es que simplemente veáis el vídeo para ser conscientes de cuantas cosas nos han cambiado y que intentéis entender lo que podáis. La semana que viene os daré las traducciones para que comprobéis si habíais entendido bien o si había dudas.


Podéis comentar en el blog qué os ha parecido o si a vosotrxs también os ha cambiado alguna cosa diferente que no haya aparecido aún en el vídeo.

Enjoy your day!

miércoles, 20 de mayo de 2020

VÍDEO GYMKHANA CONFINAMENTO

Aquí tendes un vídeo onde @s profes vos explicarán de que vai cada reto e vos animarán a participar nesta "Xincana do Confinamento". Non volo perdades!





MATEMÁTICAS

Bos días! 

Marta proponnos unha serie de actividades con polígonos. Recordades o que é un polígono?

Un polígono é unha figura xeométrica plana composta por lados e vértices. Os seus lados son segmentos e polo tanto nunca poden ser curvos. Atentos ao vídeo que nos trae Marta:




1. Sinala que figuras son polígonos:





2. Une a figura co nome que lle corresponde:




3. Debuxa un triángulo, un octógono e un hexágono.



4. Fotografía na túa casa 3 obxetos que teñan forma de algún polígono. Intenta que sexan polígonos distintos (que non sexan por exemplo todos rectángulos).


Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com

SOLUCIÓN MATEMÁTICAS

1. Calcula o cociente exacto das seguintes divisións:

a) 39.771'5 : 85 =

39.771'5  |85     
   577        467'9
     671
       765
         00


b) 81.333 : 84 =

81.333'00  |84         
   573         968'25
     693

       210
          420
            00


2. Calcula mentalmente:

a) 24'727 x 100 = 2.472'7

b) 24'727 x 1.000 = 24.727

c) 24'727 x 10.000 = 247.270

d) 24'727 : 10 = 2'4727

e) 24'727 : 100 = 0'24727

f) 24'727 : 1.000 = 0'024727

martes, 19 de mayo de 2020

ENGLISH

Good morning!

Had you have a look to the "Xincana do confinamento"?
En ella os proponemos varios retos para superar y entre ellos hay uno de inglés para poneros a prueba! Os animo a que participéis!

Por ese motivo hoy solo os propondré estos dos enlaces para que podáis jugar a alguno de estos juegos online:

GAME 1

GAME 2

Have fun!
Bye Bye

GALEGO


Ola rapac@s! Como vos foi na tarefa que vos encomendei para o domingo?: "O GALEGO EN FAMILIA". Imaxino que habería de todo; uns que o levastes tal cual, e outros non tan ao pé da letra. Ben, trátase de que me contedes como foi a experiencia: se falastes toda a xornada, se só nunha parte do día, con quen o falastes, ... Pois iso, contarme todo con pelos e sinais.
Cando acabedes de contarme como foi a experiencia, necesito que me poñades diferentes razóns, circuntancias, , onde credes que é bo expresarse en Galego. Poñede todas as que se vos ocurran.
Tratar de xustificar que o Galego é útil nas nosas vidas.

lunes, 18 de mayo de 2020

XINCANA


INSTRUCCIÓNS da XINCANA


Tendes dende o Luns 18 ata o Venres 29 de Maio para completar os 6 retos que se explican nestas instruccións. Hai que enviar cada reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles confirmarán que podes tachalo da lista e seguir co seguinte! Lembrade decir quen sodes, e en que curso estades!
Cando remates todas as tarefas envíame un correo a palomakaifer@hotmail.com , para conseguir o teu premio!!
Adiante, aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!


  1. Constrúe un instrumento orixinal ou similar a un existente, sacade dúas ou tres fotos do proceso ou un pequeno vídeo e mandádello a marivilas59@gmail.com
  2. O voso reto para superar esta parte daXimcana será gravarvos recitando un trabalinguas. Ides ver o seguinte vídeo e poderedes elexir un dos
    trabalinguas que aparecen. Con un chega pero se
    alguén quere gravarse dicindo algún máis, adiante!
    https://www.youtube.com/watch?v=W1mwreTOJq0
    https://www.youtube.com/watch?v=4chhOpCWMuY
    A gravación deste vídeo voso dicindo o “tongue
    twister” a enviaredes ao meu email para que eu podacorroborar que fúchedes capaces ;) nerea.otero@edu.xunta.es Cheers!
  3. Que sabes facer? Pensa en algo que sexas experto ou experta, calquera cousa que queiras compartir, ensinar ou no que podas axudar aos demáis. Pode estar relacionado cun deporte, unha materia escolar, un idioma, unha receita de cociña...E elabora o teu anuncio. https://drive.google.com/open?id=1MJsMVGgo8Cw2L__lJRIUhgbXj3mHh4Og . Enviádello a marietapon@gmail.com
  4. Que non Caia!” Se queredes conseguir tamén a coroa nesta materia o reto que debedes pasar é o seguinte: “Que non Caia!” Debedes coller unha pelota lixeira ou inflar un globo e conseguir dar ata 10 toques seguidos con 5 partes diferentes do corpo como mínimo, é dicir, podedes repetir cada parte unha soa vez e sempre e cando non sexan seguidas! Explícome, para dar os 10 toques podo dar 2 coa man, 2 co pe, 2 coa cabeza… pero non poden ser un despois de outro, terían que ser: 1 coa man,1 co pé, outro coa man, outro coa cabeza, outro co pé… comprendido?! Pois ao choio que estou agardando!! Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
  5. Para poder recoller a vosa coroa de Valores Sociais e Cívicos teredes que preparar unha entrevista a vos mesmos na que vos preguntedes e contestedes cousas relacionadas co confinamento: Qué sentístedes cando dixeron que non habería cole ata novo aviso, cal foi o voso pensamento sobre o que ía acontecer, como se vive o confinamento na vosa casa, que cambios sucederon no voso día a día, como pensades que será a volta ao cole, os paseos e as saídas a partir de agora… teredes que elaborar 7 preguntas que vaian nesa liña e preparar outras 3 co que queirades saber e que ides realizar a persoas de interese nesta crise: Un profesional da sanidade, un responsable de educación e un político a nivel nacional.Para presentar a entrevista o máis recomendable é que o fagades en formato audiovisual, podedes disfrazarvos de periodista e de vos mesmos e grabar as preguntas e as respostas. Tedes tempo para montar o vídeo, pesar como facelo para non ter que
    Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
  6. Escollede 2 ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas. Enviade todo a   oteromiguelez.lucia@gmail.com

MATEMÁTICAS

1. Calcula o cociente exacto das seguintes divisións:

a) 39.771'5 : 85 =

b) 81.333 : 84 =


2. Calcula mentalmente:

a) 24'727 x 100 =

b) 24'727 x 1.000 =

c) 24'727 x 10.000 =

d) 24'727 : 10 =

e) 24'727 : 100 =

f) 24'727 : 1.000 =