Neste curso comezamos a traballar os números decimais e a operar con eles. Recordade que calquera número que non sexa decimal ten unha “comiña” agochada xusto detrás seguida dun montón de ceros que xa non escribimos (por exemplo: 35´000... e 35 son o mesmo número). Recorda colocar ben os números para sumar e restar, e contar os decimais que tes en total para despois de multiplicar poñer a coma onde corresponda.
1. Calcula:
A) 356´087 + 1.002´9 + 502´503 =
B) 5.497´008 - 2.002´5 =
C) 56.297´12 x 8´7
D) 18.855 : 4 = (calcula o cociente exacto)
2. Na final dos 100m lisos dos xogos olímpicos o terceiro clasificado fixo un tempo de 9´92 segundos, o segundo clasificado foi unha décima de segundo máis rápido que o terceiro, e o campión foi 24 centésimas de segundo máis rápido que o segundo clasificado. Cal foi o tempo do gañador da medalla de ouro?
No hay comentarios:
Publicar un comentario