Comezamos esta xornada de actividades de aprendizaxe e reforzo desde a casa, dada a situación que estamos vivindo.
Tarefas:
GALEGO
Ola a todos e todas, como
as clases non poden ser presenciais imos facer o posible por afianzar
o que fomos aprendendo dende o comezo de curso. Vouvos propoñer
actividades para conseguilo. Seguindo un pouco o horario de clase,
iranvos aparecendo propostas para que as vaiades facendo, esperando
que así o feito de non poder vir ao Colexio se note o menos posible.
TEXTO
O avó de Xoán é dibuxante
e viviu moitos anos en París , capital
de Francia. O seu
mellor amigo
chamábase
Antón. Logo casou coa miña avoa Carme e agora viven en Cangas.
Teñen un can. É tan
fermoso que lle
sacaron unhas fotos para o
xornal Faro de
Vigo.
ACTIVIDADES
1. Busca no texto:
-5 palabras monosílabas.
-5 palabras bisílabas.
-5 palabras trisílabas
-2 palabras polisílabas.
-3 palabras agudas sen
til.
-3 palabras agudas con
til.
-3 palabras graves sen
til.
-3 nomes propios.
-3 nomes comúns.
-2 adxectivos.
-3 verbos.
2.
Desfai en sílabas as palabras subliñadas e redondea a sílaba
tónica.
3. Indica o lexema o as clases
de morfemas nas palabras: avó-
dibuxante-anos- chamábase.
abduzcan
ResponderEliminarespaguetis con albondigas
ResponderEliminar