GALEGO
CONTO: O pobre e o rico*
Morreu
unha vez un pobre aldeán que foi á porta do Paraíso, e ao mesmo
tempo morreu un señor moi rico que subiu tamén ao Ceo.
Chegou
san Pedro coas súas chaves, mandou entrar ao señor pero, sen
dúbida, non viu o aldeán pois cerrou deixándoo fóra, desde onde
escoitou o pobre a alegre recepción que facían ao rico con música
e cantos.
Cando
quedou todo en silencio volveu ao fin san Pedro e mandou entrar ao
pobre, o cal agardaba que ao seu regreso volverían a soar os
cánticos e as músicas, mais todo continuou en silencio. Recibírono
con moita alegría, iso si, e os anxos saíron ao seu encontro, pero
non cantou ninguén.
Entón
preguntoulle a san Pedro porque non había alí música para o pobre
como para o rico, e se no Ceo reinaban as mesmas diferenzas que na
Terra.
—Non
(contestoulle o santo). O mesmo aprezo nos merecedes un ca outro, e
ti obterás a mesma parte que o que acaba de entrar nas delicias do
Paraíso; pero mira, pobretóns coma ti chegan aquí a centos todos
os días, mentres que ricos como o que acaba de entrar, apenas vén
un de século en século.
1 Fai un
resumo moi breve do conto.
2.
Por que protesta o pobre?
3
Que explicación lle dá san Pedro ao pobre?
4.
Estás dacordo coa explicación de san Pedro?
5.
Desfai en silabas todasc as palabras do primeiro parágrafo(dende o
prin-
cipio
ata o primeiro punto e aparte)
6.
Pasa ao castelán o segundo parágrafo ( dende Chegou ata o segundo
punto e aparte)
7.
Aproveitar para ler polo menos media horiña en galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario