viernes, 29 de mayo de 2020

LENGUA, GALEGO

Bo día a tod@s!

Hoxe é un día especial por moitos motivos: deberíamos desfrutar da semana cultural no cole, remata maio e imos chegando ao fin deste estraño curso... Pero tamén é moi especial porque estamos de despedida: despois de tres meses intensísimos Marta remata as súas prácticas de profesora!

Desde aquí queremos agradecerlle todo o seu traballo e a súa colaboración como unha mestra máis do noso cole, GRAZAS MARTA!! E desexámoslle moita sorte no seu futuro, estamos seguros de que dará o mellor de sí e será unha profe estupenda.

Por todo elo, a actividade de lengua española e de lingua galega para hoxe será deixar unha pequena mensaxe de despedida para Marta como comentario no blog, podes facelo en galego ou en castelán.

GRAZAS MARTA E MOITA SORTE!!!


jueves, 28 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS


Recordas o que é a área?

A área é a superficie que ocupa unha figura. Exprésase en mm2, cm2, dm2, m2, dam2, etc.

A área do cadrado calcúlase multiplicando un lado por outro. Como o cadrado ten todos os seus lados iguais, a súa fórmula é:


Área = lado X lado, se o lado de este cadrado mide 1 dm a súa área é:

Área = 1 dm x 1 dm = 1 dm2









A área do rectángulo tamén se calcula multiplicando un lado por outro. A parte horizontal do rectángulo chámase base e a parte vertical chámase altura, polo tanto.




Se a base deste rectángulo é 12,5 cm é a altura é 5 cm, a súa área é:

Área = base X altura = 
12,5 cm x 5 cm = 62,5 cm2





EXERCICIO: 

1. Calcula a área das seguintes figuras:



Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com 

SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS


1) Calcula o perímetro das seguintes figuras


  1. 12cm
  2. 18 cm
  3. 14 cm
  4. 180 mm


2) O campo de fútbol de Balaídos mide 105 m de longo e 70 m de ancho.
A) Cal é o seu perímetro?
B) Cal é a súa área?

A) 105m+105m+70m+70m= 350 m
B) 105 x 70 = 7350 m2. - Acordádevos que a área se expresa sempre en metros por metros, e dicir, metro ao cadadro (ou centímetro, milímetro, etc. ao cadadro) ( m2, cm2,….)


3) Cacula o perímetro 3 área do libro mates, teléfono e cama.


Libro mates: Fixestes varias medidas do voso libro. Casi todas se aproximaban a 29 cm de longo e 22,5 de ancho. Se tomo estas medidas como correctas (xa que eu non teño o voso libro):

Perímetro: 103 cm
Área: 652,5 cm2

Teléfono: Se tomo como longo 14 cm e 7 de ancho (as cosas medidas poden ser un pouco diferentes)

Perímetro: 38 cm
Área: 98 cm2

Cama: A maoría ten as seguintes medidas: 1,90 metros (190 cm) de longo e 0,9 metro (90 cm) de ancho, polo tanto:

Perímetro: 5,6 m
Área: 1,71 m2

En centímetros:
Perímetro: 560 cm
Área: 17100 cm2

miércoles, 27 de mayo de 2020

GALEGO


1. Pon en castelán estes animais.

águia...............águila
-lobo................
-cóbrega..........
-raposo............
-lagarto...........
-bufo...............
-píntega..........
-coello............
-ra..................
-leirón............
-corvo............
-tritón............
-ourizo..........
-falcón..........
-xabaril.........
-perdiz..........


2. Clasificaos co nome en galego. Ponlle diante o artigo correspondente.

Mamíferos: o lobo,

Aves:

Réptiles e anfibios:


Enviar a cachiso@gmail.com

martes, 26 de mayo de 2020

ENGLISH

Good morning!

First of all here you have the KEY for the two videos made for the 5º and 6º students:



Como muchos todavía tenéis pendiente los retos de la "Xincana do confinamento", esta semana solo vamos a hacer una actividad de inglés

Se trata del último challenge de Marta, 

CHALLENGE 3

Podéis enviarle la respuesta a: martabernárdez@hotmail.com

Good luck!

lunes, 25 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓNS

Este é o enlace das programacións adaptadas. Temos a obriga de colgalas, pero non é ningunha actividade que teñades que facer.

https://drive.google.com/open?id=12jhpYVBg02I7E2gbkpkKXUEUlOzpeVup

MATEMÁTICAS

Bo día a tod@s!

Hoxe traballaremos dous aspectos: perímetro e área. 


Cara o final do vídeo do pasado mércores explícase que é o perímetro e a área, visualízao e realiza as actividades que están a continuación:






1. Calcula o perímetro das seguintes figuras:




2. O campo de fútbol de Balaídos mide 105 m de longo e 70 m de ancho:



a) Cal é o seu perímetro?

b) Cal é a súa área?



3. Cacula o perímetro e a área dos seguintes obxectos:

a) O teu libro de matemáticas.

b) Un teléfono móbil.

c) A túa cama



Enviade as vosas actividades a: martabernardez@hotmail.com